Código de conduta dos eventos de Learn

O cometido de Microsoft é fortalecer a autonomía de cada persoa e cada organización no mundo para que acaden máis cousas. Iso inclúe tódolos eventos e reunións de Microsoft, coma nas plataformas dixitais, nas que pretendemos crear unha experiencia respectuosa, amigable, divertida e inclusiva para tódolos participantes.

Esperamos que tódolos participantes en eventos dixitais respecten os principios desde Código de conduta, que abrangue o evento dixital principal e tódalas actividades relacionadas. Non toleramos comportamentos, mensaxes, imaxes ou interaccións de carácter perturbador e irrespectuoso, a cargo de ningún participante, de ningún xeito, en calquera aspecto do programa, incluídas actividades profesionais e sociais, con independencia do lugar onde se produzan.

Microsoft non tolerará a intimidación nin a discriminación en razón de idade, ascendencia, cor, identidade ou expresión de xénero, orixe nacional, discapacidade física ou mental, relixión, orientación sexual ou calquera outra característica protexida polas leis, normativas e regulamentos locais aplicables.

Animamos a todos a que axuden a crear un ambiente acolledor e seguro. Pregámoslle que informe de calquera problema, comportamento intimidatorio, actividade sospeitosa ou perturbadora á liña de atención sobre conduta profesional [Business Conduct Hotline] (1-877-320-MSFT ou buscond@microsoft.com). Microsoft reserva o dereito a rexeitar a admisión ou retirar a calquera persoa dun evento de Microsoft ou dunha plataforma dixital en calquera momento segundo o seu exclusivo criterio.